19 de agosto de 2011

Resumo do torneio de fútebol sala.

O passado 6 de Agosto organizamos a primeira jornada de desporto da associaçom, e dizemos primeira porque  o nosso objectivo é organizar alomenos umha cada ano e de diferentes desportos. Ao final o campeonato tivo que alongar-se a dous dias por mor da chuva, mas isto nom foi nengum obstáculo para o desenvolvemento do campeonato que transcorreu sem incidentes e cum mui bom ambiente entre @s participantes. Umhas 16 equipas jogarom o torneio e a final disputarom-na os "si que voy" contra os "colo colo", levando-se a final e a ceia por um só gol os "si que voy". 

Queremos agradecer a tod@s @s participantes a sua assistência e animar-lhes a participar em novas jornadas. Sem mais e coma sempre obrigad@s a tod@s.









9 comentários:

  1. Que noxo da que escribades así, estades menosprezando a nosa lingua. Escribide en galego, portugués ou castelán, pero non inventedes unha lingua, que o único que conseguides así e confundir os mais cativos e os que xa non o son tanto.

    ResponderExcluir
  2. o galego da RAG é o unico idioma inventado que conheço. se queres ler um pouco sobre isto http://issuu.com/gentalha/docs/faq . saúdos

    ResponderExcluir
  3. Non se chama invento, chámase evolución. Toda-las linguas saíron dunha serie de berros que crearon os nosos antergos, e eu non coñezo a ninguén que fale coma un mono. Se comunmente está aceptado o galego da RAG non entendo por que non aceptades que sexa así.

    ResponderExcluir
  4. Boas.
    Gústanme as iniciativas desta asociación, pero a única pega que atopo é esa, a do idioma... Non vexo sentido empregar esa mestura entre galego e portugués, máis que nada, porque ninguén fala así. Está claro que cada un ten os sus gustos, pero a función principal dun idioma é a comunicación,e hoxe en día o galego está moito máis influenciado polo castelán que polo portugués, polo que non ten sentido aplicar sufixos lusos a palabras galegas, pois malia que nun pasado foron o mesmo idioma, hoxe están ben diferenciados, pese a quen lle pese...
    Son galego e cústame entender estes textos, pois son, ou ven unha mestura artificial, ou ben o arcaico galego-portugués, pero sexa o que sexa, é algo que na Galicia, ninguén fala.
    Estas actitudes non fan máis que empobrecer a nosa lingua e crear contrariedade.

    ResponderExcluir
  5. E por certo, o da RAG non é, para nada, inventado, é un proceso chamado "estandarización", polo que pasan todas as linguas (castelán e portugués incluídos) no que se trata de crear un idioma 'estandar', é dicir, unificar criterios, pois lóxicamente unha lingua que se fala nun territorio extenso, se nadie o regula, non vai ser exactamente igual en todas as zonas, polo que cómpre tomar un criterio común... Pode que estemos máis ou menos dacordo cas decisións da RAG, pero é algo polo que pasaron tódas as linguas modernas, e o que impide que o galego sexa unha lingua culta e recoñecida é, precisamente, esta 'dialectización', onde cada un fala a súa maneira e se alguén di de unificarlo, négaste e falas como queres. O galego está nun momento clave, e se non se estandariza e promove, caerá en desuso, agora máis ca nunca debemos normalizalo.
    Un saúdo.

    ResponderExcluir
  6. breve questom: normaliza-lo entre 2 e medio de falantes? ou amplia-lo a mais de 250 milhons que tem o português no mundo? qual é a alternativa que fará que o galego persista na historia?, deixo aí o tema, mas dado o seu interesse animarei a esta associaçom a organizar umha palestra sobre o reintegracionismo. saúdos antipatriarcais.

    ResponderExcluir
  7. Pois se o motivo principal é o de ter un público máis amplo, peor o vexo... Para iso xuntémolo co español que está máis estendido e xa está, non?
    O galego non é nin español nin portugués; pese a quen lle pese é unha lingua propia, e é unha parvada modificalo para que se pareza máis a outro idioma só porque ten máis falantes... Renunciamos á nosa cultura porque ten poucas saídas, así nos vai...
    O galego é unha lingua de seu, e ao que non lle guste ou queira máis público, que aprenda portugués, pero que non trate de convertir a nosa fala noutra...
    Saúdos!

    ResponderExcluir
    Respostas
    1. Como dixo um bom amante da nossa língua: "O galego floresce agora em Portugal". A língua que agora falam mais de 250 milhons de falantes nasceu aqui na Galiza e até o seculo XV seguia sendo exatamente a mesma língua. Agora também o é mas nom se esta fazendo nada por achegar aquelas palavras que aparecerom depois do século XV em Portugal e que aqui se tomarom do espanhol direitamente. Só há duas opçons galego-espanhol (desapariçom do galego) ou galego-português (devoltar o galego ao seu tronco linguistico, com as suas peculiaridades, e fazer assim que persista na história).

      Excluir