26 de dezembro de 2011

Sorteio da cesta

O número ganhador da cesta da Velha na Horta foi o 268, coincidindo com as três últimas cifras do sorteio da ONCE do dia 22 de Dezembro.


Obrigad@s a tod@s.

20 de outubro de 2011

Decorreu o I Mercadinho Sustentável

O 15 e 16 deste mês decorreu o I Mercadinho Sustentável. Desde a associaçom cremos que foi todo um acerto fazê-lo visto o gram interesse da gente nele, tanto d@s participantes como da gente que se achegou pola praça. Uns 25 postos ocuparom a praça ambo-los dous dias, nos que a gente puido também disfrutar das actividades e actuaçons realizadas. Queremos agradecer especialmente a todo-l@s participantes a sua colaboraçom assim como ao Colectivo BDS - Galiza pola sua palestra, às pessoas que actuarom o sábado, a Gabriela polo obradoiro de reciclagem, ao Concelho polo empréstimo de material, ao Cé Orquestra Pantasma pola sua gram actuaçom e a toda a gente que colaborou dumha maneira ou outra. Sem mais, agardamos poder realizar umha outra ediçom do Mercadinho. E aqui umhas fotografias facilitadas por Álvaro:















26 de setembro de 2011

Mercadinho sustentável. Vem e participa!


Para os próximos 15 e 16 de Outubro a nosa asociación organiza un mercadiño de cousas de 2ª man. 


Esta iniciativa pretende ser unha alternativa orixinal e claramente anticonsumista, na que a compra ou o troca das cousas que teñamos por casa sen usar den prioridade a ir a mercar a un centro comercial ou a última tenda de moda.

O mercadiño constará de varias actividades como a charla da organización BDS, que nos informará e animará a deixar de consumir produtos israelís en solidariedade con Palestina, ou a própia actuación de Cé Orquetra Pantasma que ven dende Vigo a facernos mover un pouco.Para levar as tuas cousas só tes que contactar con nós (mirar no cartel). Nós poremos os postos e a xente que queira participar só ten que levar as suas cousas para vender ou trocar.

Anímate e participa!

19 de agosto de 2011

Resumo do torneio de fútebol sala.

O passado 6 de Agosto organizamos a primeira jornada de desporto da associaçom, e dizemos primeira porque  o nosso objectivo é organizar alomenos umha cada ano e de diferentes desportos. Ao final o campeonato tivo que alongar-se a dous dias por mor da chuva, mas isto nom foi nengum obstáculo para o desenvolvemento do campeonato que transcorreu sem incidentes e cum mui bom ambiente entre @s participantes. Umhas 16 equipas jogarom o torneio e a final disputarom-na os "si que voy" contra os "colo colo", levando-se a final e a ceia por um só gol os "si que voy". 

Queremos agradecer a tod@s @s participantes a sua assistência e animar-lhes a participar em novas jornadas. Sem mais e coma sempre obrigad@s a tod@s.









17 de agosto de 2011

Concerto 22 de Julho em imagens.

O passado 22 de Julho organizamos o nosso primeiro concerto no pub J&J do Rosal. O concerto contou com os Malaherva, os Declaration of hate e KaveGZ aos que agradecemos muito o seu esforço por vir a tocar desinteresadamente. Ao concerto acudirom umhas 70 pessoas, que puiderom ouvir os bons ritmos destas bandas num mui bom ambiente. Também queremos agradecer ao J&J o espaço que nos emprestou para realiza-lo. E esperar que o vindouro concerto saia tam bem ou melhor que este. Obrigad@s.















5 de agosto de 2011

Grupos e horarios do torneio.


PISTA VELHA PISTA HORTA
GRUPOS 1 2 3 4

 burguermester  aristowapos  colo colo  los hojaldres

 all star  tetatomicas chotos  ternana  deskansa

 os espaditas  cophenavos  si que voy  nombre

 abanquilhoteam  calquera merda  sinvento  como tú





HORARIO PARTIDOS FASE DE GRUPOS
HORA PISTA VELHA PISTA HORTA
Sábado

17:00-17:35 Burguermester-all star colo colo-ternana
17:35-18:10 aristowapos-tetatomicas choto los hojaldres-deskansa
18:10-18:45 os espaditas-abanquilhoteam si que voy-sinvento
18:45-19:20 cophenavos-calkera merda nombre-como tú
19:20-19:55 burguermester-os espaditas colo colo-si que voy
19:55-20:30 aristowapos.-cophenavos los hojaldres-nombre
20:30-21:05 all star-abanquilhoteam ternana-sinvento
21:05-21:40 tetatomicas chotos-calquera merda deskansa-como tú

Domingo


17:00-17:35 burguermester-abanquilhoteam colo colo-sinvento
17:35-18:10 aristowapos-calquera merda los hojaldres-como tú
18:10-18:45 all star-os espaditas ternana-si que voy
18:45-19:20 tetatomicas chotos-cophenavos deskansa-nombre





Quartos de final
Semifinais
Pista Velha 19:20-19:55 1ºGrupo 1 VS 2ºG.3 Pista Velha 20:45-21:20
Pista Horta 19:20-19:55 2ºG.1 VS 1ºG.3

Pista Velha 19:55-20:30 1ºG.2 VS 2ºG.4 Pista Horta 20:45-21:20
Pista Horta 19:55-20:30 2ºG.2 VS 1ºG.4






3º e 4º posto Pista Velha 21:30-22:05






Final Pista Horta 21:30-22:05





Regras:

Duración de cada encontro: 30 minutos; 15 minutos cada parte.
Clasificaranse pras eliminatorias as 2 mellores equipas de cada grupo. En caso de empate a puntos na fase de grupos, prevalecerá o enfrontamento directo, seguido da deiferenza de goles e goles a favor totais.
As eliminatorias serán a partido único. En caso de empate, o gañador decidirase a penaltis nunha tanda de 3 penaltis por equipa, e a continuación destes a morte súbita.
Cada equipa deberá asistir com duas equipacións, unha titula e unha suplente. Trocarán de vestimenta en caso de coincidir a equipa visitante.
A organización pora petos a disposición das equipas en caso de non ter equipacións.
Cada equipa disporá dun tempo morto de 40 segundos en cada encontro até que resten 5 minutos para o final do partido.






4 de agosto de 2011

Organizamos Torneio de Fútebol Sala!



Anímate a participar no torneo de fútbol sala que terá lugar nas pistas do parque de Pías (O Rosal) o sábado 6 de agosto.


· A inscripción é de 3€ por xogador/a. 


·Os premios serán: para o gañador unha cea na tapería-restaurante O Cangrexal, para o segundo clasificado material deportivo cedido por Anxosport e para o terceiro licor café e crema "pra esquecer". 


·Inscríbe o teu equipo en avelhanahorta@gmail.com ou chamando aos números 627606697 ou 605789915. 


·A entrega dos cartos e das listas cos membros de cada equipa mais o sorteo realizaranse o xoves 4 as 20:30 horas na tapería-restaurante O Cangrexal, no porto da Guarda.


Haberá música e balcon con bebida e comida!

2 de agosto de 2011

Sorteio rifas

O número ganhador do sorteio de onte, dia 01-08-11 foi o  54540  parabéns a/ao ganhador/a que se levará umha completa cesta de produtos galegos.

19 de julho de 2011

Concerto esta sexta, 22, no J&J


Este vindeiro venres darase no pub JJ o primeiro concerto da asociación cultural e xuvenil "A Velha na Horta". A entrada é de vontade, isto é, cada persoa que asista ao evento pagará o que él ou ela considere correcto contrastando os seus gustos musicais coa festa asegurada e mailas hostias que poida levar.



Tocan os grupos:

DECLARATION OF HATE. Coñecidos pola gran maioría, levan uns cantos concertos e están dispostos a faer ruido noutro máis. www.myspace.com/declarationofhateband
04:41Declaration of Hate - Faces of death

Declaration of Hate - Faces of death




MALAHERBA. Grupo punk con mezcliñas de hardcore e moitas influencias que debuta por primeira vez. Veñen dispostos a berrar ata vomitar nas vosas facianas. Un grupo divertido que quere comezar a tocar. www.myspace.com/youthradicals

KAVE GZ. Rapeiro de Vigo que ven disposto a recitarnos a poesía da rúa con bos ritmos e ganas de lume!
AGARDAMOS A VOSA ASISTENCIA, O VENRES 22, ESTA FIN DE SEMANA, ENTRADA DE VONTADE, NO PUB JJ.
A Velha na Horta.

14 de julho de 2011

Crónica da Palestra sobre a Lei de Augas

Dende a organización A Velha na Horta consideramos que a auga é fundamental para as persoas, os animais e as prantas; é indispensábel para a vida e para o sostemento do planeta polo que debe considerarse pública e universal, e debe cumprires antes de nada uma función social de alimento e de hixiene. Con este motivo A Velha na Horta organizou o pasado 8 de Xullo unha palestra contra a lei de augas da Galiza, para informar sobre as tramas do goberno de Feixoo de privatiza-la auga, facendo que se saque benefício ou se especule con ela.

Esta desenvolveuse no salon de actos do Centro Cultural da Guarda, e para ela contamos coa presenza de “Lolo” como representante do Sindicato Labrego Galego, un dos integrantes da Plataforma pola derogación da lei das augas.A Palestra resultou moi amena e contou cunhas 40 pessoas e um bon debate ao remate.

Na palestra tocaronse todo-los puntos, destacando que a Lei de Augas de Galicia, supom o apropriamento e a privatización de todas as augas de Galiza, fixando ademais prezo a auga, un canon que establece sobre toda a auga, a maiores do prezo do subministro que determinan os concellos ou as entidades subministradoras e a maiores tamén do canon de verquido ou coeficiente de vertedura.

Amais a lei traspasa todas as competencias en materia de augas que ten Galiza a unha empresa: Augas de Galiza que funciona segundo o dereito privado e é xuridicamente unha S.A., convertendo a esta empresa na administración única e ordinaria da política de augas na Galiza.Lolo” tamén destacou a importancia que suporá no rural a aplicación dunha lei deste tipo.

Á vista dos plans de axustamento estrutural dirixidos polo FMI e o Banco Mundial, que se están a aplicar en cada vez mais lugares de Europa provocando unha histórica recesión dos dereitos sociais adquiridos durante as últimas décadas, a Lei de Augas senta as bases para a transferencia futura do "capital auga" a calquera transnacional, coa máis que posíbel privatización de Augas de Galicia.

Dende a Velha na Horta apoiamos a Plataforma pola derogación da lei de augas da Galiza, e somos partidarios das medidas propostas lanzadas dende a mesma, tales como:

1- A derrogación da Lei de Augas de Galicia.
2- Que todas as augas de Galicia sexan consideradas na lexislación un dereito fundamental
para a vida das persoas, os animais e as plantas. Un ben universal, social, de propiedade común e
de xestión pública e participativa,
3- Que os gobernos e as institucións asuman a súa responsabilidade como factor
contaminante e como planificador e transmisor de hábitos de vida e consumo pouco respectuosos
co medio ambiente e que estabelezan medidas correctoras: á construción de grandes
infraestruturas, á acumulación de poboación en cidades, aos asfaltados masivos de grandes áreas
urbanas, á promoción de industrias contaminantes, aos incentivos ao consumismo, á canalización
de acuíferos, á contaminación por acumulación en encoros, ao non separar as augas pluviais, etc.
4- Priorizar e establecer a gratuidade para o uso da auga como alimento e aseo para as
persoas, os animais e a produción de alimentos no marco da soberanía alimentaria
5- Impedir a construción de mais centrais hidroeléctricas e que as existentes revertan ao
público no remate da súa concesión; impedindo tamén o transvase de auga a outras comunidades.
6- Prohibir por lei a privatización das augas, incluído o subministro e a depuración que
deberán ser públicos e de xestión municipal, veciñal ou particular dependendo da propiedade das
instalacións.

Sen mais obrigad@s aos/as asistentes.

2 de julho de 2011

Palestra sobre a lei de augas





















Nesta ligaçom pode-se ver outra palestra sobre a Lei de augas
Palestra informativa sobre a Lei de Augas

Apresentaçom

A Velha na Horta nasce da inquietude cultural dalguns/nhas xóvenes da Guarda e do Rosal. O que pretendemos coa sua creación é dinamizar e facer mais efectivos actos e eventos que até o de agora estábanse a facer por separado na nosa comarca. As actividades que se pretenden realizar céntranse no plano cultural, musical, deportivo, ambiental e informativo.

A asociación esta aberta para todo o mundo que queira colaborar ou facer algún acto puntual coa nosa axuda. Non pretendemos coas nosas actividades lucrarnos, se non, ao contrario, se podemos sacar randabilidade a algunha cousa será para invertir en poder facer outras de maior calidade.

Como asociación cultural preservar a nosa cultura e o noso patrimonio é esencial e se o podemos facer dende a diversión moito mellor, mais para isto todas/os somos necesarias/os.

Contacta connosco en: avelhanahorta@gmail.com