19 de julho de 2011

Concerto esta sexta, 22, no J&J


Este vindeiro venres darase no pub JJ o primeiro concerto da asociación cultural e xuvenil "A Velha na Horta". A entrada é de vontade, isto é, cada persoa que asista ao evento pagará o que él ou ela considere correcto contrastando os seus gustos musicais coa festa asegurada e mailas hostias que poida levar.



Tocan os grupos:

DECLARATION OF HATE. Coñecidos pola gran maioría, levan uns cantos concertos e están dispostos a faer ruido noutro máis. www.myspace.com/declarationofhateband
04:41Declaration of Hate - Faces of death

Declaration of Hate - Faces of death




MALAHERBA. Grupo punk con mezcliñas de hardcore e moitas influencias que debuta por primeira vez. Veñen dispostos a berrar ata vomitar nas vosas facianas. Un grupo divertido que quere comezar a tocar. www.myspace.com/youthradicals

KAVE GZ. Rapeiro de Vigo que ven disposto a recitarnos a poesía da rúa con bos ritmos e ganas de lume!
AGARDAMOS A VOSA ASISTENCIA, O VENRES 22, ESTA FIN DE SEMANA, ENTRADA DE VONTADE, NO PUB JJ.
A Velha na Horta.

14 de julho de 2011

Crónica da Palestra sobre a Lei de Augas

Dende a organización A Velha na Horta consideramos que a auga é fundamental para as persoas, os animais e as prantas; é indispensábel para a vida e para o sostemento do planeta polo que debe considerarse pública e universal, e debe cumprires antes de nada uma función social de alimento e de hixiene. Con este motivo A Velha na Horta organizou o pasado 8 de Xullo unha palestra contra a lei de augas da Galiza, para informar sobre as tramas do goberno de Feixoo de privatiza-la auga, facendo que se saque benefício ou se especule con ela.

Esta desenvolveuse no salon de actos do Centro Cultural da Guarda, e para ela contamos coa presenza de “Lolo” como representante do Sindicato Labrego Galego, un dos integrantes da Plataforma pola derogación da lei das augas.A Palestra resultou moi amena e contou cunhas 40 pessoas e um bon debate ao remate.

Na palestra tocaronse todo-los puntos, destacando que a Lei de Augas de Galicia, supom o apropriamento e a privatización de todas as augas de Galiza, fixando ademais prezo a auga, un canon que establece sobre toda a auga, a maiores do prezo do subministro que determinan os concellos ou as entidades subministradoras e a maiores tamén do canon de verquido ou coeficiente de vertedura.

Amais a lei traspasa todas as competencias en materia de augas que ten Galiza a unha empresa: Augas de Galiza que funciona segundo o dereito privado e é xuridicamente unha S.A., convertendo a esta empresa na administración única e ordinaria da política de augas na Galiza.Lolo” tamén destacou a importancia que suporá no rural a aplicación dunha lei deste tipo.

Á vista dos plans de axustamento estrutural dirixidos polo FMI e o Banco Mundial, que se están a aplicar en cada vez mais lugares de Europa provocando unha histórica recesión dos dereitos sociais adquiridos durante as últimas décadas, a Lei de Augas senta as bases para a transferencia futura do "capital auga" a calquera transnacional, coa máis que posíbel privatización de Augas de Galicia.

Dende a Velha na Horta apoiamos a Plataforma pola derogación da lei de augas da Galiza, e somos partidarios das medidas propostas lanzadas dende a mesma, tales como:

1- A derrogación da Lei de Augas de Galicia.
2- Que todas as augas de Galicia sexan consideradas na lexislación un dereito fundamental
para a vida das persoas, os animais e as plantas. Un ben universal, social, de propiedade común e
de xestión pública e participativa,
3- Que os gobernos e as institucións asuman a súa responsabilidade como factor
contaminante e como planificador e transmisor de hábitos de vida e consumo pouco respectuosos
co medio ambiente e que estabelezan medidas correctoras: á construción de grandes
infraestruturas, á acumulación de poboación en cidades, aos asfaltados masivos de grandes áreas
urbanas, á promoción de industrias contaminantes, aos incentivos ao consumismo, á canalización
de acuíferos, á contaminación por acumulación en encoros, ao non separar as augas pluviais, etc.
4- Priorizar e establecer a gratuidade para o uso da auga como alimento e aseo para as
persoas, os animais e a produción de alimentos no marco da soberanía alimentaria
5- Impedir a construción de mais centrais hidroeléctricas e que as existentes revertan ao
público no remate da súa concesión; impedindo tamén o transvase de auga a outras comunidades.
6- Prohibir por lei a privatización das augas, incluído o subministro e a depuración que
deberán ser públicos e de xestión municipal, veciñal ou particular dependendo da propiedade das
instalacións.

Sen mais obrigad@s aos/as asistentes.

2 de julho de 2011

Palestra sobre a lei de augas





















Nesta ligaçom pode-se ver outra palestra sobre a Lei de augas
Palestra informativa sobre a Lei de Augas

Apresentaçom

A Velha na Horta nasce da inquietude cultural dalguns/nhas xóvenes da Guarda e do Rosal. O que pretendemos coa sua creación é dinamizar e facer mais efectivos actos e eventos que até o de agora estábanse a facer por separado na nosa comarca. As actividades que se pretenden realizar céntranse no plano cultural, musical, deportivo, ambiental e informativo.

A asociación esta aberta para todo o mundo que queira colaborar ou facer algún acto puntual coa nosa axuda. Non pretendemos coas nosas actividades lucrarnos, se non, ao contrario, se podemos sacar randabilidade a algunha cousa será para invertir en poder facer outras de maior calidade.

Como asociación cultural preservar a nosa cultura e o noso patrimonio é esencial e se o podemos facer dende a diversión moito mellor, mais para isto todas/os somos necesarias/os.

Contacta connosco en: avelhanahorta@gmail.com